ACNH
ASOCIACIÓN COMPOSTELANA DE NIÑ@S HIPERACTIV@S

¿Quén somos?


ACNH é unha Asociación de pais e nais de Nenos/as con Trastorno por Déficit de Atención con ou sen Hiperactividade (TDAH), sen ánimo de lucro, situada na capital galega, cuxo obxectivo é axudar a este colectivo.

 En ACNH temos como finalidade mellorar a calidade de vida das persoas con TDAH e de quen as rodea. Traballamos polo benestar e o máximo desenvolvemento das persoas afectadas, pretendendo responder ás necesidades educativas, psicolóxicas e sociais que se lles presentan ao longo da súa vida. Para este fin, contamos cun equipo multidiciplinar de profesionais cunha ampla traxectoria no  TDAH e os seus trastornos asociados.

ACNH foi creada para informar, formar e axudar a todos os que estén interesados neste trastorno e para reducir os efectos negativos que o TDAH provoca nos nenos, xóvenes e adultos, para que se integren felizmente na súa vida. Coa convicción de que xuntos podemos facer máis, convidámosvos a colaborar e a formar parte desta gran familia.


 ¿Qué é o TDAH?


 O TDAH é un trastorno crónico de orixe neurobiolóxica, que se manifesta con desatención, hiperactividade e impulsividade. Este trastorno está causado por un desequilibrio dos neurotrasmisores no cerebro, que se manteñen ao longo de toda a vida.

Existen tres subtipos:

- Predominio Inatento.

- Predominio Hiperactivo-impulsivo.

- Combinado.

A prevalencia (porcentaxe das personas afectadas) do TDAH atópase arredor do 7% en nenos e dun 4% en adultos.


Principais manifestacións do TDAH.


  • Frecuentes olvidos e distraccións.
  • Baixa capacidade de planificación e organización.
  • Déficit no autocontrol emocional e comportamental.
  • Movemento e fala constante.
  • Baixa autoestima.
  • Inestabilidade emocional.
  • Baixa tolerancia á frustración.
  • Problemática na relación co seu grupo de iguais.


ENTIDADE PRESTADORA DE SERVIZOS SOCIAIS Nº E-5759

 
 
 
Mapa
Llamada
Correo electrónico